PREGUNTAS FRECUENTES
Qué é Atlantic Games Conference?
Atlantic Games Conference é un evento profesional que inclúe conferencias, talleres, stands e oportunidades de networking dirixidas ao sector do desenvolvemento de videoxogos. Ca intención de converterse nun evento de referencia en Galicia, Atlantic Games Conference busca contribuír á consolidación da comunidade local e ser tamén un punto de encontro de creadores de videoxogos de toda a península. Esta segunda edición apunta a manter o nivel de calidade da primeira á vez que ofrecer máis actividades para os asistentes. Está organizada polo Concello de Carballo e dirixida e producida por Sara Pérez Lantes e Juan Alberto Martínez López.
Cando e onde é?
Abril 2026 no edificio Fórum de Carballo, A Coruña
Cómo chego a Carballo?
Hai autobuses Arriva dende A Coruña, o horario está dispoñible no sitio web de Arriva. Dende Santiago de Compostela tamén hai buses con menor frecuencia, pódense consultar na páxina de Transporte Público de Galicia. Máis información na sección Transporte.
A quen vai dirixido este evento?
Principalmente a profesionais e estudantes de desenvolvemento de videoxogos. Sen embargo, o acceso será libre para que calqueira afeccionado poida achegarse a coñecer o sector.
Cómo podo conseguir entrada para o acceso ás charlas?
Proximamente publicaremos como e onde conseguir entradas para a seguinte edición de 2026
A entrada é gratuita?
Si, a entrada é gratuíta! A entrada á zona de stands será libre. O acceso ás charlas será gratuito tamén pero será necesario presentar entrada para control de aforo.
Hai actividades ademáis das charlas?
Sí! Serán anunciadas próximamente nas nosas redes sociais.
O sitio do evento é accesible?
Sí, o edificio está adaptado pero si tes dudas concretas sobre accesibilidade podes contactarnos.